|
|
Somos un grupo de deportistas que practicamos e compartimos unha mesma afección, o Kung fu Di Som. Neste clube, patrocinado dende os seus comezos hai xa case 20 anos pola Asociación cultural "Tras San Xoán", pasaron máis de 100 deportistas que co seu esforzo acadaron premios impensables para un pobo tan pequeno. Na actualidade conta cuns 15 compoñentes, que continúan a adestrar con gran esforzo para seguir estando no máis alto do podio.
|
|
Kung fu Di Som, un concepto diferente.
|
Con carácter xeral o concepto que se ten do Kung fu, é que está relacionado co aspecto "marcial".
Nós eliminamos totalmente este termo das nosas actividades por consideralo impropio de ambentes deportivos. Seguimos traballando con intensidade para dar a coñecer outras cualidades que o Kung fu posúe e que o converte nun deporte con máis connotacións educativas que moitos.
O seus exercicios e técnicas están orientadas cara a evolución natural do propio individuo. A súa práctica aporta beneficios moi diversos: forza, resistencia, concentración, seguridade, responsabilidade, equilibrio, creatividade e comunicación; por mencionar tan só uns poucos.
|
A historia do Kung fu é ambigua e as veces contradictoria. Durante séculos foi patrimonio exclusivo de monxes e certas castas sociais e considerado "Segredo do Reino" transmitíndose de boca a oído, o que provocou as escasas referencias escritas que hai ó respecto.
Os relatos dalgúns expertos sitúan a orixe do Kung fu na época do emperador Fu Shi, fai uns 4.500 anos. Sen embargo, non foi ata o ano 530 da nosa era cando, Ta Mo, un monxe Indio que chegou á China para expander o Budismo, empregou o Kung fu de forma sistemática para mellorar a saúde e o rendemento dos acólitos nos mosteiros onde impartía o seu ensino.
|
|
|
Posteriormente, as diversas correntes filosoficas e as cambiantes situacións sociais, provocarían que o Kung fu chegase ó pobo chan onde, na maioría dos casos, desvirtuouse e fragmentou nas escolas e estilos sen base nin contido científico. Tan só en certas comunidades monásticas continuaría perfeccionándose e gracias as cales, o Kung fu orixinal, científico e universal, chegou ata os nosos días.
A pesares de que a orixe e o perfeccionamento do Kung fu se lle atribuia ós monxes, non lle confire a istos, rasgos violentos, nin o Kung fu connotacións relixiosas de ningún tipo.
|
Kung fu, patrimonio da Humanidade.
|
Dende a súa orixe, o Kung fu contribuíu a mellorar a vida de centos de millóns de persoas. Este é o motivo polo cal, as Autoridades chinesas, propuxeron á UNESCO que declare ó Kung fu patrimonio da Humanidade.
O Kung fu, promove a Paz e a Armonía, e fai ás persoas máis aptas e solidarias, e aínda que en occidente se lle considere básicamente un método de auto defensa, da súa práctica, derívanse moitos outros valores persoais e sociais.
|
|
Foi o primeiro sistema de movemento humano pedagóxica e científicamente estructurado, e as connotacións educativas e formativas inherentes á súa práctica, motivou que as autoridades chinesas elevaran esta proposta á UNESCO.
|
|
|